Xestogal S.C.G. é unha asesoría rural formada por 2 enxeñeiros agrícolas que brinda diferentes servizos no campo do asesoramento das explotacións agropecuarias.
Dentro da nosa carteira de produtos podemos destacar: asesoramento específico a explotacións de gando e de horta, a tramitación de diferentes clases de subvencións (Incorporacións, Plans de mellora, subvencións publicadas no DOG, etc.).
Servizos
- Tramitación de cambio de uso e cortas.
- Realización de libros de campo e fitosanitarios.
- Realización estudos de abonado.
- Análise tecnico económico de diferentes explotacións.
- Trámites cas confederacións hidrolóxicas.
- Alta apícola e movementos de xeolocalización.
- Alta de REGA/REAGA.
- Axudas de INEGA.
- Comunicación das novidades dos BOPs.
- Subvención de defensa de fauna silvestre.
- Axuda para inspecións da administración
- Declaración de censo anual.
- Tramitación do SIXE (Porcino/ Avícola).
Botas algo en falta para a túa explotación? Pregúntanos sen compromiso!
Quén somos?
Carlos e Lucas
Somos dous amigos que compartimos dúas paixóns: o medio rural e a enxeñaría agaria. Coincidimos nun traballo en común e aos poucos comezou a agromar en nós a idea de formar unha xestoría. Esta centrada no agro, para brindar asesoramento a explotacións agropecuarias.
Coa bagaxe de ámbolos dous sumamos máis de 7 anos; traballando en cooperativas hortícolas, asociación de gandeiros e servizos de enxeñaría rural.
Agardamos poder transmitirvos a nosa vontade de aportar ao rural, e asesoralos nas súas necesidades do mellor xeito posible.
Programa APROL – economía social
Operación subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e financiada polo Ministerio de Traballo e Economía Social