
Xestogal S.C.G. é unha asesoría rural formada por 2 enxeñeiros agrícolas que brinda diferentes servizos no campo do asesoramento das explotacións agropecuarias.
Dentro da nosa carteira de produtos podemos destacar: asesoramento específico a explotacións de gando e de horta, a tramitación de diferentes clases de subvencións (Incorporacións, Plans de mellora, subvencións publicadas no DOG, etc.).
Servizos

Botas algo en falta para a túa explotación? Pregúntanos sen compromiso!
Quén somos?
Carlos e Lucas
Somos 2 amigos que compartimos dúas paixóns, o medio rural e a enxeñaría agaria. Coincidimos nun traballo en común e aos poucos comezou a agromar en nós a idea de formar unha asesoría centrada no medio rural para brindar asesoramento a explotacións do medio rural.
Coa bagaxe de ámbolos dous sumamos máis de 7 anos traballando en cooperativas hortícolas, asociación de gandeiros e servizos de enxeñaría rural.
Agardamos poder transmitirvos a nosa vontade de aportar ao rural e asesoralos nas súas necesidades do mellor xeito posible.